domingo, 24 de maio de 2015

IV SEMANA INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN ARTÍSTICA "Sementando SOLes"

"Alumnado da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela [Espanha] (materia Educación Visual e Plástica I: Contextos e Metodoloxía Artística) sumouse a esta acción de reivindicación da educación artística achegando os seus soños como futuros docentes.
Ademais dos soños que se foron espallando pola facultade, ofrecéuselle a toda a comunidade a posibilidade de amosar as súas inquedanzas sobre a educación partindo da pregunta "Que che gustaría cambiar?". Como metáfora desa necesidade de cambio, de medrar, de empurrar as emocións e construír utopías, regalamos sementes de xirasois, unha pranta que busca a luz e sempre está disposta a re-adaptarse para facerse visible."
 
 
 
 
 
 
 

Nenhum comentário: